domingo, 5 de febrero de 2012

Usos do solo

O emprego que dá do solo é basicamente terciario e primario, é dicir, turismo e pesca. Téñense desenvolvido plans para actuar de maneira eficiente sen danar os ecosistemas das illas.



Por un lado, a pesca ten un papel relevante nas illas. Estes arquipélagos posúen unha gran riqueza mariña, sobre todo de mariscos, moi apreciados. Por isto, a pesca nas illas están restrinxidas ao ámbito profesional e con limitacións, quedando prohibidas todo tipo de prácticas que non sexan desta índole. Deste xeito, protéxese ás especies das illas e mantense a súa biodiversidade.



Por outro lado, son un reclamo turístico de importancia para as Rías Baixas. As Cíes reciben ao redor de 140000 visitantes ao ano, fronte aos 65000 das Ons. Estas visitas realízanse de forma restrinxida para evitar a degradación das illas e o deterioro dos ecosistemas. Tanto as Cíes coma as Ons dispoñen dun servizo de barcos diarios, restauración, postos de Policía e Cruz Vermella e cámpings.



Por último, tamén se pode citar a antiga fábrica de salgadura da Ría de Arousa, alá por 1770. Hoxe quedan os restos e un pequeno embarcadoiro.



Ligazóns:


http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/cies/home_parque_cies.htm


http://www.noticiasgalicia.com/islas/inicio.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario