Cómpre salientar con detalle todo o que abrangue os fondos mariños das illas. A denominación de Parque Marítimo-Terrestre non xorde por casualidade, senón que detrás dese nome existe unha ampla diversidade de especies que se deben a unha serie de factores:
Correntes: Inflúen na temperatura ou na salinidade da auga.
Mareas: As especies que se vexan afectadas teñen que adaptarse a estes trocos.
Afloramento: A pouca profundidade e a luminosidade conseguinte fan proclive a existencia de moitas especies florais, coma microalgas, que forman parte da cadea alimenticia.
Os organismos distribúense en diferentes niveis, cunhas características propias:
Supramareal: Nivel máis alto da preamar onde chegan as zarrapicadas das ondas. Predominio de especies terrestres.
Intermareal ou mesolitoral: Entre as mareas máis altas e máis baixas. Danse circunstancias de humidade e salinidade. Augas ben osixenada se luminosas.
Submareal ou infralitoral: Sobre os 30m a luz é limitada.
Circalitoral: Sobre os 200m, con contido maioritariamente animal. Gran parte deste nivele stá fóra do Parque.
As especies que se poden atopar neste medio divídense nunha serie de hábitats.
ROCHEDO
O factor máis claro son as turbulencias das augas, que erosionan e modelan a costa. Deste xeito, as especies presentes neste hábitat mantéñense fixas ao substrato. A distribución por niveis é a seguinte:
Supramareal: Plantas ou liques que aturan un alto nivel de sal.
Intermareal ou mesolitoral: Percebe, mexillón e landra de mar.
Submareal ou infralitoral: Algas pardas de gran tamaño.
FONDOS MÓBILES
Zonas de menor hidrodinamismo onde predomina a sedimentación. Isto fai que os organismos vivan ben soterrados, ben empregando cunchas para ancorarse. Distínguense varias zonas neste grupo:
Fondos areosos
Supramareal e intramareal (praias)
Submareal: Microalgas, bivalvos coma a vieira ou a volandeira, bancos de ameixa, navalla, berberecho..., caranguexos, ourizos e peixes coma a solla, o rodaballo ou a raia
ZONA PELÁXICA
Moita profundidade. Abondan especies que non precisan de fondo de maneira directa.
O plancto é o centro deste hábitat. Déixase levar polas correntes mariñas.
Peixes de entre os que salientan o sargo e o muxe ou muxo.
Tamén se distingue unha pequena aglomeración de cetáceos, coma golfiños.
Ligazóns:
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/glg/informacion_saber_mas.php?nar1=29
No hay comentarios:
Publicar un comentario