domingo, 5 de febrero de 2012

Usos do solo

O emprego que dá do solo é basicamente terciario e primario, é dicir, turismo e pesca. Téñense desenvolvido plans para actuar de maneira eficiente sen danar os ecosistemas das illas.



Por un lado, a pesca ten un papel relevante nas illas. Estes arquipélagos posúen unha gran riqueza mariña, sobre todo de mariscos, moi apreciados. Por isto, a pesca nas illas están restrinxidas ao ámbito profesional e con limitacións, quedando prohibidas todo tipo de prácticas que non sexan desta índole. Deste xeito, protéxese ás especies das illas e mantense a súa biodiversidade.



Por outro lado, son un reclamo turístico de importancia para as Rías Baixas. As Cíes reciben ao redor de 140000 visitantes ao ano, fronte aos 65000 das Ons. Estas visitas realízanse de forma restrinxida para evitar a degradación das illas e o deterioro dos ecosistemas. Tanto as Cíes coma as Ons dispoñen dun servizo de barcos diarios, restauración, postos de Policía e Cruz Vermella e cámpings.



Por último, tamén se pode citar a antiga fábrica de salgadura da Ría de Arousa, alá por 1770. Hoxe quedan os restos e un pequeno embarcadoiro.



Ligazóns:


http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/cies/home_parque_cies.htm


http://www.noticiasgalicia.com/islas/inicio.html

sábado, 4 de febrero de 2012

Medio mariño

Cómpre salientar con detalle todo o que abrangue os fondos mariños das illas. A denominación de Parque Marítimo-Terrestre non xorde por casualidade, senón que detrás dese nome existe unha ampla diversidade de especies que se deben a unha serie de factores:
Correntes: Inflúen na temperatura ou na salinidade da auga.
Mareas: As especies que se vexan afectadas teñen que adaptarse a estes trocos.
Afloramento: A pouca profundidade e a luminosidade conseguinte fan proclive a existencia de moitas especies florais, coma microalgas, que forman parte da cadea alimenticia.




Os organismos distribúense en diferentes niveis, cunhas características propias:
Supramareal: Nivel máis alto da preamar onde chegan as zarrapicadas das ondas. Predominio de especies terrestres.
Intermareal ou mesolitoral: Entre as mareas máis altas e máis baixas. Danse circunstancias de humidade e salinidade. Augas ben osixenada se luminosas.
Submareal ou infralitoral: Sobre os 30m a luz é limitada.
Circalitoral: Sobre os 200m, con contido maioritariamente animal. Gran parte deste nivele stá fóra do Parque.




As especies que se poden atopar neste medio divídense nunha serie de hábitats.




ROCHEDO
O factor máis claro son as turbulencias das augas, que erosionan e modelan a costa. Deste xeito, as especies presentes neste hábitat mantéñense fixas ao substrato. A distribución por niveis é a seguinte:
Supramareal: Plantas ou liques que aturan un alto nivel de sal.
Intermareal ou mesolitoral: Percebe, mexillón e landra de mar.
Submareal ou infralitoral: Algas pardas de gran tamaño.

FONDOS MÓBILES
Zonas de menor hidrodinamismo onde predomina a sedimentación. Isto fai que os organismos vivan ben soterrados, ben empregando cunchas para ancorarse. Distínguense varias zonas neste grupo:
Fondos areosos
Supramareal e intramareal (praias)
Submareal: Microalgas, bivalvos coma a vieira ou a volandeira, bancos de ameixa, navalla, berberecho..., caranguexos, ourizos e peixes coma a solla, o rodaballo ou a raia

ZONA PELÁXICA



Moita profundidade. Abondan especies que non precisan de fondo de maneira directa.
O plancto é o centro deste hábitat. Déixase levar polas correntes mariñas.
Peixes de entre os que salientan o sargo e o muxe ou muxo.
Tamén se distingue unha pequena aglomeración de cetáceos, coma golfiños.



Ligazóns:


http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/glg/informacion_saber_mas.php?nar1=29

Flora

As especies da flora son, ao igual cás da fauna, un importante conxunto, que se podería dividir en varios ecosistemas (bosques, dunas e areais, cantís, marismas…)

Illas Cíes:
Superficies arboradas: Piñeiros e eucaliptos.
Matogueiras: Toxo, xara, escambrón ou abruñeiro e silveira.
Dunas e cantís: As de maior valor: A herba de namorar e a camariña

Illas Ons:
Superficies arboradas: Piñeiro, eucalipto, rebolo, salgueiro, acacia.
Dunas e areais: Ammofhila arenaria e Agropyrum junceum.
Matogueiras: Toxo.

Illa de Sálvora:
Interese botánico pouco relevante, agás polo feito de ter una ampla variedade de algas.

Illa de Cortegada:
Salienta polo incríbel bosque de loureiro, a de maior extensión de toda España.
Convive con bosques de carballos, piñeiros manso e eucaliptos.
Sotobosque de hedra.
Importante poboación de fungos.

Este pequeno compendio de especies é só un resumo da gran biodiversidade floral das Illas Atlánticas.



Ligazóns:
http://www.campingislascies.com/faunayflora.php
http://www.noticiasgalicia.com/islas/cies.html
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/glg/informacion_saber_mas.php?nar1=27
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=17&recurso_id=69http://www.vivelanaturaleza.com/espacios_naturales/Ons.php

Fauna

Un primeiro apuntamento importante que se pode facer é sobre as redes de protección supranacionais, que lles conceden ás illas as denominacións de Zona de Especial Protección para as Aves (Illas Cíes en 1988 e Illas Ons en 2001) e de Lugares de Importancia Comunitaria ás Cíes (LIC das Illas Cíes), ás Ons (LIC Complexo Ons-O Grove) e Sálvora (LIC Complexo húmido de Corrubedo).
As condicións climáticas propias de cada arquipélago e a riquezas das súas augas fan destas illas un patrimonio natural único.






Illas Cíes:

As Illas Cíes constitúen unha das maiores colonias españolas de gaivota arxéntea e de corvos mariños con moño. Salientan tamén outras especies mariñas coma o alcatraz, o colimbo ártico, a pardela, a gaivota riseira e o arao común. As características dalgunhas destas aves son:
Gaivota arxéntea (Larus argentatus): É a gaivota máis abundante de Galiza, cuxa zona de cría son as ladeiras orientadas cara a mar aberto.
Corvo mariño “moñudo” (Phalacrocorax aristotelis): Cunha plumaxe verdosa escura, gorxa amarela e patas negras, é unha especie moi adaptada á vida mariña e cuxa comunidade nas Illas Cíes constitúe a máis ampla de Europa. Adoita construír niños nos cantís.
Arao común (Uria aalge): Especie con certa semellanza aos pingüíns cuxa poboación nas illas ten descendido nos últimos anos. Ao igual cós corvos mariños, son bos pescadores.
No que atinxe ás especies terrestres cómpre citar ao azor, a perdiz vermella, a chova rubia, o ourizo e a lontra. Tamén é importante a comunidade de réptiles que posúen as illas, dende lagartos arnais ata lagartas.
Ademais, as illas son paso das aves migratorias.

Illas Ons:
Ao igual ca nas Cíes, nas Illas Ons pódense atopar especies coma a gaivota arxéntea e o corvo mariño “moñudo”, ademais dunha importante colonia de gaivotas patiamarelas (Larus cachinnans).
Tamén se poden ver pombas bravías, pardelas pichonetas, alcatraces, vencellos ou birrios reais, lagarteiros comúns, rateiros, perdices e, entre os réptiles, lagartos ocelados e escánceres de escaleira.
Forman parte tamén do camiño das migracións de aves.

Illa de Sálvora:
É moi salientábel a existencia de grandes poboacións de percebes, debido á súa costa esgrevia e accidentada. Outras especies que se poden atopar son o polbo, a nécora, a robaliza, o raia, a solla, o sargo, a maragota, o congro, a ameixa, a centola, o lumbrigante…
Presenta tamén asentamentos temporais de gaivota patiamarela e de corvo mariño.

Illa de Cortegada:
Preséntanse especies coma o cabalo, o xabaril, algúns réptiles e aves limícolas.
Na zona que a separa coa costa cultívase a ameixa, sustento económico da zona. As actividades pesqueiras complétanse coas lampreas, as anguías, as robalizas, os salmóns, os reos e as sollas.






O número de especies que existen no Parque é maior. Grosso modo e facendo un pequeno resumo para ampliar as xa citadas especies, cómpre salientar as seguintes, presentes no conxunto do Parque Nacional:
Invertebrados: O mundo menos estudado das illas. Caracol, lesma, escaravellos, grilos, bolboretas.
Anfibios: Limitados, debido á escaseza de auga e humidade. Píntega común, tritón, sapo pinto ibérico.
Réptiles: As temperaturas son favorábeis ao seu desenvolvemento. Lagarto ocelado, lagarta ibérica, “serpes de cristal”, eslizón ibérico, cobras.
Aves mariñas: A disposición das costas permite o asentamento destas. Paíño europeo, gaivota sombría
Aves terrestres: Malia a pouca superficie do Parque, son moitas as especies que se atopan. Busardo rateiro, azor, falcón peregrino, lagarteiro.
Mamíferos: Comunidade pouco ampla pola escasa superficie e o illamento das illas. Coellos, rato caseiro, rato de campo, rata negra, musaraña gris, ourizo europeo, toupa, morcego común.




Velaquí un vídeo de elaboración propia con algunhas imaxes da fauna:







Ligazóns:


http://www.campingislascies.com/faunayflora.php
http://www.noticiasgalicia.com/islas/cies.html
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/glg/informacion_saber_mas.php?nar1=27
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=17&recurso_id=69
http://www.vivelanaturaleza.com/espacios_naturales/Ons.php

Localización

O Parque Nacional das Illas Atlánticas atópase nas Rías Baixas, entre as rías de Vigo e de Arousa:
· Illas Cíes: Na entrada da Ría de Vigo, sendo unha barreira natural para a cidade e o seu porto, pertencen ao Concello de Vigo (Pontevedra). Este arquipélago en disposición norte-sur está formado polas illas de: San Martiño ou Sur, Faro ou Centro e Monteagudo ou Norte, estas dúas últimas unidas por un areal .
· Illas Ons: Situadas na desembocadura da Ría de Pontevedra, forman parte do Concello de Bueu (Pontevedra). As illas que conforman este complexo é a propia Illa Ons (ao norte), a Illa Onza ou Onceta (ao sur), e os pequenos illotes de Freitosa e Centola; entre outros.
· Illa de Sálvora: Aséntase na desembocadura da Ría de Arousa. É parte do Concello de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña).
· Illa de Cortegada: É a illa maior dun arquipélago formado polas Illas Malveiras e Briñas, situado no corazón da Ría de Arousa, case no estuario do río Ulla. Pertence ao Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

http://www.noticiasgalicia.com/islas/inicio.html
Concellos que forman parte: http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/cies/home_parque_cies.htm

martes, 31 de enero de 2012

Introdución ao parque

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (nome oficial) é un complexo formado polos arquipélagos das Illas Cíes (na boca da Ría de Vigo), as Illas Ons (Ría de Pontevedra) e as illas de Sálvora e Cortegada (Ría de Arousa).

Constitúen unha barreira natural erixida en fronte das Rías Baixas, ademais de seren o fogar de dunas, cantís, aves mariñas, matogueiras atlánticas e submediterráneas de toxo e breixo e, sobre todo, dun extenso fondo de mar onde se poden atopar bosques de algas (máis de duascentas especies) e todo tipo de especies.
O parque, que consta de 4.840 hectáreas de terreo, atópase baixo a xurisdición da Comunidade Autónoma de Galicia, encargada de tratar calquera tema que atinxa ao complexo.

A súa data de creación foi o 1 de xullo do 2002.


ILLAS CÍES:


ILLAS ONS:




ILLA DE CORTGADA: ILLA DE SÁLVORA:






Fontes e ligazóns:
http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/cies/home_parque_cies.htm
http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/glg/index.php